venres, 27 de febreiro de 2015

Día 5

RETO 5 : Hoxe converteraste en profesional da creatividade na lingua. O teu reto consiste en crear unha nova palabra en galego, plasmala nalgún tipo de soporte (papel, tea, pedra, etc.) acompañada da súa definición e tirarlle unha fotografía.

A web do día: ocreatorio.com



http://www.ocreatorio.com/


O Creatorio é unha páxina web onde podes atopar os profesionais da creatividade que traballan en Galicia. Trátase dun proxecto impulsado por Lúa Louro que exerce de plataforma de VISIBILIDADE. A autora envíanos un vídeo para o proxecto 21DCG.




Trátase dun espazo dixital común dende o que o creador lle amosa o seu traballo ao posible cliente que necesite dos seus servizos. Nel o tema principal é a creatividade. 
Aquí poderás atopar exemplos de todas as formas de creación na sección Creadores, como os do OZOCOgz, entre moitos outros.



Visita a páxina, atopa algunha entrada no seu blog que che resulte interesante e logo busca na sección Creadores alguén cuxa obra che guste moito e explica por que.

Ningún comentario:

Publicar un comentario