RETO 3: O teu reto de hoxe vai ser buscar 3 noticias recentes relacionadas co galego e logo valorar se son positivas ou negativas para o desenvolvemento da nosa lingua.
A web do día: praza.gal
![]() |
Cabeceira de Praza Pública hoxe. |
Praza Pública, tamén coñecido como O Praza é un xornal dixital galego nado no ano 2012. Velaquí tedes o vídeo que fixo para nós o seu director, David Lombao.
A responsable de Praza Pública, é unha fundación homónima constituída en xaneiro de 2012 que ten por finalidade o fomento da información e o debate públicos como forma de contribución ao exercicio cívico da cidadanía galega, ben como a promoción da cultura e da lingua galegas. A súa sede provisional está na Coruña.
![]() |
Noticia publicada onte en Praza Pública sobre o aniversario do nacemento de Rosalía. |
Praza Pública é un xornal inserido na web 3.0, isto é, que ten en conta tamén as persoas que o len. Así, non ordena as súas novas ao xeito tradicional. Podes explicar con que criterio se ordenan as novas neste medio de comunicación?
Ningún comentario:
Publicar un comentario