martes, 24 de febreiro de 2015

Día 2

A música forma parte das nosas vidas, fai que a música galega estea presente na túa. Con este día chuviñento nada mellor que cantar para alegrar o ánimo.

RETO 2: Canta xunto con alguén (mínimo 1 persoa máis) unha canción galega do século XXI, antes de comezardes o voso concerto indicade cales son o título e os intérpretes orixinais. (Podes facelo en audio ou vídeo).

E como non podía ser menos, hoxe a nosa web vai ser moi musical.

A web do día: GZMúsica



E como non podía
GZmúsica é unha web dedicada á música galega que pretenden achegarvos información sobre todo o que acontece arredor das músicas do país. Atrás da páxina están vari@s apaixonad@s da nosa música, pero queren ser cen mil!!! Se queres, ti tamén podes ser GZmúsica participando na súa comunidade que vai dirixida tanto a grupos como a espectadores.

Os amigos de GZmúsica enviáronnos un vídeo para os 21DCG.

 

Esta páxina conta ademais coa súa propia canle de televisión con programas onde visitan os diferentes festivais galegos. Visiona o seguinte vídeo e aprenderás de onde vén a etiqueta "rock bravú".




Bótalle unha volta a GZMúsica, á súa axenda, aos seus vídeos, ao seu cartafol de música galega e á súa páxina de descargas "legais" si, si, "descargas legais" de temas que podedes baixar. Logo dinos cal é o grupo ou intérprete que máis che gusta dos que alí aparecen.

Dámoslle as grazas á xente de GZMúsica por participar nestes 21 Días co galego e nos ofrecer tanta e boa información da actualidade musical galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario