Presentación

21 días co galego nace para conseguir unha maior competencia en galego e unha mellor conciencia lingüística a través de diferentes actividades que pretenden levar a lingua alí onde nunca estivo na vida de moito do noso alumnado.

Esta experiencia ten dous grandes obxectivos de importancia semellante:

1) O aumento e perfeccionamento do emprego da lingua oral pola súa parte durante 21 días, con desexable continuación no futuro.

2) A reflexión íntima e persoal da relación que persoa ten co galego dende a súa situación vital concreta e individual.
O proxecto didáctico xurdiu o ano pasado, neste curso 2013-14 presenta as seguintes características:

A actividade está organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e Literatura e o Departamento de Lingua Galega do IES Pobra do Caramiñal.

Participantes:
a) O alumnado dos catro cursos de ESO e os dous de BACHARELATO.
b) 41 profesoras e profesores dos departamentos de Educación Física, Economía, Música, Inglés, Filosofía, Física e Química, Relixión, Orientación, Matemáticas, Lingua Castelá e Literatura, Ciencias Sociais, Sanitaria, Linguas Clásicas, Tecnoloxía, Ciencias Naturais e Francés.
c) A ANPA.
d) Unha importante representación do comercio constituída por 25 establecementos do CC Aberto O Deán e dos supermercados Eroski e Gadis.
e) O Concello da Pobra do Caramiñal a través da Concellaría de Cultura.
f) Persoeiros de ámbitos diversos como a cultura, o deporte, a empresa, etc.

Ningún comentario:

Publicar un comentario