domingo, 22 de febreiro de 2015

DÍA 1


Dámosche a benvida aos 21 Días co Galego 2015, que contará con novidades que irás descubrindo.

A primeira delas é que cada día terás un reto que deberás cumprir e documentar da maneira que consideres conveniente. Os retos están pensados por compañeiras e compañeiros teus, esperamos que che gusten.

RETO 1: Dinos cal é a palabra galega que máis che gusta e explícanos por que. (Podes facelo en audio ou vídeo).



A segunda, é que cada día che presentaremos unha web en galego que agardamos sexa do teu interese.


A web do día: DISQUECOOL

http://www.disquecool.com/


Disquecool é o primeiro medio de tendencias made in Galicia, no que falan de música, letras, estilos de vida, tecnoloxía, marketing, moda ou arte e deseño. Disquecool apareceu en maio de 2011 na rede e dende entón xa teñen máis de 3.200 seguidores en Facebook e máis de 2.650 en Twitter. Son un dos dez principais medios de comunicación dixitais en galego.
Pero nada mellor que lles ver as caras.


Buscando nos seus arquivos atopamos esta nova relacionada coa palabra "grazas".

http://www.disquecool.com/2014/12/10/o-pobo-acaba-de-falar-os-galegos-odiamos-grazas/
 
Convidámoste a visitar Disquecool e dicirnos que sección é a que máis che gusta. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario