Houbo un erro na alternancia de retos e gravacións na publicación do blog.
 Repasamos como queda a distribución de retos e gravacións.
 Día 12 – reto
 Día 13 – gravación 
 Día 14 – 
 Día 15 – reto e gravación
 Día 16 –
 Día 17 – gravación 
 Día 18 – reto 
 Día 19 – gravación 
 Día 20 – reto
 Día 21 – gravación
 Se alguén ten arquivos de gravación de máis NON PASA NADA.
 Desculpas polas molestias. 
 ____
 E agora imos co Día 17 onde terás que gravar as actividades dos días 16 e 17 e analizar a túa evolución na experiencia nestas dúas xornadas.
Onte tivemos en 21DCG unha paleofalante e hoxe traemos unha neofalante tamén moi especial para nós como exemplo de como moi variados motivos poden empurrarnos nun momento determinado a dar o paso e converternos en galegofalantes se non o somos xa.
Coñeces algunha persoa neofalante? Sabes por que comezou a falar galego?
Se es galegofalante fai esta pregunta: Cres que o teu galego está en perigo contigo ou non ten nada que temer?
Se non es galegofalante fai esta pregunta: Cres que podería chegar o día en que deses o paso de te converteres en neofalante? Que necesitarías para que ese día chegase? 
A nosa páxina web do día hoxe: gciencia.com 
GCiencia é un medio de información dedicado á ciencia e investigación desenvolvidas en Galicia que pretende achegar a produción científica galega a todos os públicos dende a perspectiva xornalística.
Visita esta páxina e dinos cal é a túa nova preferida esta semana.

 
Ningún comentario:
Publicar un comentario