venres, 13 de marzo de 2015

Día 19


A nosa páxina web do día hoxe: botóns.eu

http://botons.eu/


Os amigos de Botóns envíannos este vídeo e a seguinte mensaxe como resposta á nosa petición de colaboración:



Botóns nace en 2010 para recuperar o que a finais dos anos 90 e comezos dos 2000 fora Aula Galega, a primeira revista galega de Educación en internet. É un proxecto xurdido do ánimo dun pequeno grupo de xente: nais, pais, padriños e madriñas, tíos e tías, mestres e mestras. Todos con vontade de axudar a crear un punto de encontro na rede para o intercambio de recursos e ideas. Coa idea de colaborar e sabendo que Unha educación mellor é tarefa de todos.
No pasado, a necesidade de tempo e recursos económicos para soster o proxecto co mínimo de ambición que se requiría puxo en perigo a iniciativa. Mais na actualidade Botóns mantense grazas á axuda da empresa Ronsel de Ideas, que amadriñou un proxecto que doutro xeito non podería manterse. E se ben non dispoñemos de todo o tempo e recursos para mantelo tan actualizado como nos gustaría, a día de hoxe estamos abertos á colaboración de todos os amigos e amigas que queiran participar. Agardamos os vosos artigos, propostas, suxestións e ideas para seguir facendo Botóns. Aquí seguiremos, e por suposto, en galego, falando de nós e do mundo dende aquí, na nosa lingua. Unha aperta e grazas polo voso tempo. 

Visita Botóns e cóntanos como lle afecta ao cerebro escoitar a nosa canción favorita?
Cal é a sección que máis che gusta desta portal? Por que?

Ningún comentario:

Publicar un comentario