mércores, 4 de marzo de 2015

Día 10

Xa estamos no ecuador destes 21 DCG 2015.
A partir de hoxe, e para facilitar o desenvolvemento do resto da actividade, cada dous días terás que realizar 1 gravación e 1 reto, deste xeito o reto poderalo realizar tanto o día que se publica como ao día seguinte.
Os retos restantes serán publicados os días: 10, 12, 14, 16, 18 e 20 da actividade.
As gravacións restantes realizaranse os días: 11, 13, 15, 17, 19 e 21 da actividade.
Isto significa que hoxe día 10 NON TERÁS GRAVACIÓN e que na gravación do día 11 deberás incluír as reflexións e actividades dos días 9, 10 e 11, deste xeito evitamos ter que realizar dous días seguidos de gravación ao final dos 21DCG.
Se tes calquera dúbida ao respecto, consulta co profesor da materia na aula.
Esperamos que así che resulte máis levadeiro e animámoste a seguir aínda con máis entusiasmo a partir de agora!
Saúdos.

____________________________________



RETO 10: Xa é o momento de que os 21DCG amosen o seu look máis divertido e imos realizar a "Pasarela 21DCG", o teu reto consistirá en crear un look personalizado 21DCG. 

A web do día: IGE (Instituto Galego de Estatística) 


Na páxina do IGE poderás atopar datos estatísticos oficiais sobre moi variadas temáticas. Neste vídeo de presentación poderás coñecer os principais datos desta interesante páxina.
 

 
A web tamén ofrece un portal educativo na que atopamos o seguinte xogo. Xoga cos concellos da túa provincia e para demostrar que fixeches a actividade tíralle unha foto ao resultado. (Clica na imaxe para acceder ao xogo.)

http://www.ige.eu/estatico/educacion/Recreativa/puzles/con150.svg

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario