luns, 9 de marzo de 2015

Día 15

Reto 15: Hoxe temos un reto moi especial para vós que nos chega dende Finlandia.



A nosa web de hoxe: galiciasolidaria.org

http://www.galiciasolidaria.org/contenido.php?idget=inicio


Hoxe traémosche unha web moi grande, a da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento, unha páxina moi grande porque nela podes atopar representadas 43 ONGD que traballan no ámbito da cooperación ao desenvolvemento, a acción humanitaria e de emerxencia, a educación para o desenvolvemento e a incidencia política.

Como o seu nome indica, aquí o que hai é moita solidariedade, moita xente xenerosa traballando dende diferentes áreas para mellorar a vida d@s outr@s.

Visita a páxina e dinos con que tres organizacións non gobernamentais te sentirías máis identificad@? Na actualidade colaboras con algunha asociación deste tipo? En caso afirmativo, cóntanos con cal. Se non é así, cres que che gustaría facelo no futuro? Por que?



Ningún comentario:

Publicar un comentario